Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo de Saibran, Leticia Rey e Os Bar Ban Sónicos, nas músicas de Marta Gómez

O novo de Saibran, Leticia Rey e Os Bar Ban Sónicos, nas músicas de Marta Gómez

Saibran, a metade de Boyanka Kostova, rapea que 'Durmir é para covardes'

Leticia Rey inicia unha nova andaina musical no disco 'Danza luz'

Os Bar Ban Sónicos publican o seu terceiro traballo discográfico 'Mirando a herba medrar'

G24.gal 22/10/2025 13:44 Última actualización 22/10/2025 16:47

O outono vén cargado de novidades musicais, como 'Danza luz', un disco de Leticia Rey que reivindica o formato físico. Ademáis no directo o espectáculo trascenderá o musical para achegarse a poesía, danza e performance. Acompáñana os músicos Iago Mouriño, Vadim Yukhnevich e Benxamín Otero.

Os Bar Ban Sónicos dan renda solta as súas decepcións vitais cos tempos que corren no disco 'Mirando a herba medrar', nestas cancións pasan da resignación á esperanza sempre co rock de guitarras como fío condutor.

Saibran adianta o que será o seu disco en solitario, aínda que acompañado de dous dos músicos de Mundo Prestigio: Julián Goicoa e Fiz García. 'Durmir é para covardes' é toda unha declaración de intencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade