Publicador de contidos

Publicador de contidos

A actriz estadounidense Diane Keaton falece aos 79 anos en California

A actriz estadounidense Diane Keaton falece aos 79 anos en California

Intérprete fetiche de Woody Allen, gañou un premio Óscar polo seu papel protagonista en Annie Hall (1977)

G24.gal 11/10/2025 21:28 Última actualización 12/10/2025 21:46

A actriz estadounidense Diane Ketaon (Os Ánxeles, 1946), unha das estrelas máis queridas de Hollywood, faleceu este sábado aos 79 anos, segundo confirmou Dori Rath, produtora dalgunhas das súas películas máis recentes.

Filla dun enxeñeiro e dunha fotógrafa de arte, comezou a súa carreira no teatro e debutou na pantalla grande en 1970. Nesta primeira etapa, destaca a súa participación na saga de Francis Ford Coppola O Padriño e a súa relación profesional con Woody Allen.

De feito, sete anos despois da súa aterraxe no cinema, acadou o Óscar á mellor actriz pola súa interpretación da neurótica e enxeñosa Annie Hall, que a consagrou como unha icona cultural.

Gañou tamén dous Globos de Ouro, un Bafta e dous David di Donatello, un deles honorífico. Xunto con Faye Dunaway e Katharine Hepburn, é a actriz con máis títulos na lista das 100 mellores películas, segundo o American Film Institute.

Keaton declarou nalgunha ocasión que estaba "feita á medida para a comedia". Porén, tamén foi unha consumada actriz dramática con títulos como Buscando o señor Goodbar, Reds ou Marvin's Room.

Cun estilo e clase inconfundibles, ademais de actriz foi guionista, produtora, fotógrafa, axente inmobiliaria e cantante ocasional. Tamén dirixiu a película Unstrung Heroes en 1995.

Converteuse en nai solteira aos cincuenta anos ao adoptar os seus dous fillos Dexter e Duke, en 1996 e 2001, respectivamente. Keaton estivo emparellada co director Woody Allen, con quen compartiu gran parte da súa filmografía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade