Cargando resultados...
Entregan a declaración de herdeiros de Castelao ao Arquivo Histórico de Pontevedra
Un funcionario atopou o expediente este verán ao reordenar os arquivos do Xulgado de Primeira Instancia número 1

G24.gal
21/10/2025 17:02
A declaración de herdeiros de Castelao xa é publica. O seu expediente foi atopado este verán por un funcionario en Pontevedra ao reordenar os arquivos do Xulgado de Primeira Instancia número 1.
Este documento do ano 72 declara as irmás do galeguista únicas herdeiras tras a morte da súa viúva.
Este martes fíxose entrega da acta xudicial ao Arquivo Histórico Provincial para a súa custodia.