Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata o Ourense Film Festival, cunha programación que aposta polo cinema social

Remata o Ourense Film Festival, cunha programación que aposta polo cinema social

O Ourense Film Festival clausura a súa 30ª edición cunha gala chea de humor, emoción e recoñecementos

Entregáronse 14 galardóns entre a Sección Oficial Internacional, a Sección Oficial Panorama Galicia e a Sección Oficial Curtametraxes, incluíndo as prestixiosas Calpurnia

Daniel Guzmán recibiu a Calpurnia de Honra e presentou a súa nova película como peche da gala

As películas gañadoras das seccións competitivas poden verse no Teatro Principal de Ourense o domingo 5 de outubro a partir das 17 horas 

 

O director de cine e actor Daniel Guzmán recibiu a Calpurnia de Honra do OUFF
G24.gal 05/10/2025 09:57 Última actualización 05/10/2025 11:40

 

"Nesta edición conmemorativa cabe destacar a enorme participación cidadá en todos os actos, nas proxeccións que tivemos cheas moitas das proxeccións, senón tamén nas actividades paralelas... Que máis se pode pedir", di o director artístico do Ourense Film Festival.

O éxito de público e o compromiso social das películas nas seccións competitivas Internacional, Panorama Galicia e as 22 Curtametraxes marcaron esta 30 edición do Ourense Film Festival. A música tivo tamén un protagonismo especial coa estrea da primeira banda sonora do OUFF, unha sinfonía composta polo galego Manuel Cancela. 

10 días cheos de cinema na cidade das Burgas, 164 proxeccións con estreas mundiais e cun novo proxecto de futuro que aposta polo audiovisual internacional e galego. A película 'San Simón', de Miguel Ángel Delgado, recibiu o premio Calpurnia á mellor película galega. 

E o premio Calpurnia de Honra foi para o cineasta e actor Daniel Guzmán cunha longa e afín relación co OUFF. Desde 2001 que presentou a gala, logo como cineasta ca súa primeira curtametraxe, 'Sueños' que no 2003 gañou o premio á mellor curta. Tamén estivo presente en películas como actor. 

"E hoxe que veño con 'La Deuda', a miña terceira película, que cerra o festival e ademais o Premio de Honra, que é un recoñecemento, que estou moi agradecido", expresou o cineasta Daniel Guzmán xusto antes da clausura desta 30 edición do OUFF. 

Un peche para o OUFF con cinema que non só entretén, senón que tamén nos convida a pensar e facer autocrítica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade