Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña acolle a preestrea da película ‘Leo & Lou’, producida por Frida Films co apoio da Xunta

A Coruña acolle a preestrea da película ‘Leo & Lou’, producida por Frida Films co apoio da Xunta

O filme chegará ás salas españolas o 7 de novembro

A ópera prima de Carlos Solano recibiu 260.000 euros en axudas da Consellería de Cultura

G24.gal 28/10/2025 20:28

O equipo da película Leo & Lou regresou a Galicia para celebrar este martes a súa preestrea na Coruña, antes da estrea nas salas de cine españolas o vindeiro 7 de novembro.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asistiu á proxección nos Cantones Cines desta coprodución internacional, na que participa a compañía galega Frida Films e que conta co financiamento da Xunta de Galicia.

A actriz debutante Julia Sulleiro e o actor Isak Férriz interpretan o dúo protagonista desta historia para todos os públicos.

A trama segue unha nena muda de dez anos, alegre e curiosa, que foxe do centro de acollida onde vive e cruza o seu camiño co dun home de mediana idade, escéptico e de carácter seco, que atravesa un momento difícil.

Xuntos emprenden unha viaxe chea de humor e emoción, cos paisaxes galegos como pano de fondo.

A ópera prima de Carlos Solano na dirección de longametraxes recibiu en 2024 unha subvención de 260.000 euros a través da liña da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinada á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.

Ademais, contou cunha axuda previa concedida en 2022 no marco da convocatoria extraordinaria para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais do Hub da Industria Creativa Galega, financiado polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020 dentro do eixe REACT-UE.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade