Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xuíces e fiscais asinan o acordo co Goberno e gañarán 450 euros máis ao mes

Xuíces e fiscais asinan o acordo co Goberno e gañarán 450 euros máis ao mes

A asociación maioritaria de xuíces desmarcouse do acordo que frea a ameaza de folga

Os funcionarios de Xustiza instan o Goberno a negociar un pacto semellante ao de xuíces e fiscais

G24.gal 23/05/2023 16:13

Seis das sete asociacións de xuíces e fiscais asinaron co Ministerio de Xustiza o acordo pactado tras cinco reunións e unha ameaza de folga. O documento recolle unha suba de 450 euros ao mes e un aumento de efectivos na carreira xudicial.

A maioritaria Asociación Profesional da Maxistratura desmarcouse do acordo por consideralo insuficiente e inaceptable.

Os que continúan en folga indefinida son os funcionarios de Xustiza. Hoxe levaron a cabo varias concentracións, tanto en Madrid como en Bilbao, para demandar melloras salariais e laborais para 45.000 traballadores.

Acusan o Goberno de clasismo por atender as demandas de xuíces e fiscais e non sentar a negociar con eles. Comezaron a folga indefinida este luns, tras un mes de mobilizacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade