Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un corazón forte e preparado traballa para previr as enfermidades cardiovasculares

Un corazón forte e preparado traballa para previr as enfermidades cardiovasculares

Nesta xornada celébrase o Día Europeo para a Prevención do Risco Cardiovascular

G24.gal 14/03/2024 14:24

Os sanitarios de Pontevedra trasladaron as súas consultas ao mercado co obxectivo de achegarse á cidadanía e explicar a importancia de ter un corazón forte e preparado para previr as enfermidades cardiovasculares.

Para iso, a pe de rúa, deron consellos. A enfermeira Ana Corbal recomendou hábitos saudables como "facer deporte, non fumar, levar unha dieta equilibrada e non beber alcohol". 

Os sanitarios tamén pesaron os cidadáns, tomáronlles a tensión e os niveis de azucre. Son controis que, segundo eles, a partir dunha idade todos deberíamos cumprir.

Para Ana Corbal, "a educación e a información son claves para que a nosa sexa unha sociedade máis sa". 

Todo nunha xornada, o Día Europeo para a Prevención do Risco Cardiovascular, que quere concienciar da importancia da prevención dunhas enfermidades que constitúen a primeira causa de morte no mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade