Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada etnográfica e fornada tradicional en Niñodaguia

Xornada etnográfica e fornada tradicional en Niñodaguia

Oleiros da zona homenaxean o seu oficio nun momento en que resulta difícil topar remuda

G24.gal 01/04/2023 21:33 Última actualización 01/04/2023 22:04

Hai décadas había ducias de oleiros en Niñodaguia, agora sobran dedos dunha man para contar os artesáns que manteñen vivo o oficio. 

Por iso celebran cada ano unha festa etnográfica, unha fornada tradicional nos fornos comunais que se utilizaban hai xa case un século. 

En carro levaban daquela a súa mercancía para vendela en Xinzo, Baltar, A Cañiza ou Lalín. Din que aínda hoxe non hai lugar onde se atope olería coma esta.

Este sábado é día de festa pero tamén de homenaxe a un oficio para o que -aseguran- resulta difícil atopar remuda. Consideran que toca adaptarse aos tempos e, sen renunciar ao tradicional, buscar novos camiños.

Nas súas mans conservan un oficio cheo de historia, a dun pobo oleiro que loita por dar a coñecer e manter vivas as súas tradicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade