Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I, en Vitoria tras cinco días de estadía nas Rías Baixas

Xoán Carlos I, en Vitoria tras cinco días de estadía nas Rías Baixas

O seu avión privado engalou de Peinador ás 18:10 horas deste domingo tras estar desde o mércores en Sanxenxo

Pouco despois das 19:00 horas aterrou en Vitoria, cidade que xa visitou noutras ocasións, para facer un recoñecemento médico

O rei emérito Xoán Carlos I antes de embarcar en Peinador esta tarde
G24.gal 23/04/2023 18:28 Última actualización 23/04/2023 22:53

A visita do rei emérito esta semana a Sanxenxo só lle permitiu nestes cinco días navegar unhas tres horas o xoves e apenas unha hora o venres polas inclemencias meteorolóxicas que acompañaron a súa visita.

O emérito quedou sen competir nesta regata da fin de semana no Club Náutico de Sanxenxo. O seu avión engalou contra as 18:10 horas deste domingo con destino a Vitoria, antes do seu regreso á súa residencia en Abu Dhabi. En Foronda aterrou pasadas as sete da tarde. Na capital alavesa sometarse a unha revisión médica polo seu traumatólogo de confianza.

O pai de  Filipe VI baixou do vehículo con asistencia antes de subir por si mesmo ao Bombardier Global 500 de Royal Jet, o mesmo avión no que chegou a Galicia o mércores

Discreción, desprazamentos en coche e tempo na casa de Pedro Campos

Non fixo ningunha declaración pública, situación que se mantivo durante toda esta segunda visita a Galicia en contraste coa ocasión anterior.

Unha hora antes de que o aparello engalase desde Peinador, Xoán Carlos I canda o seu amigo Pedro Campos abandonaban a casa unifamiliar que este ten en Nanín, nas proximidades de Sanxenxo e que foi a súa hospedaxe estes días  en Galicia.

O emérito fíxoo como copiloto de Campos coa fiestra subida, cun saúdo coa man, pero sen ninguha palabra para os xornalistas que estaban ás portas da vivenda.

O vehículo enfilou directamente cara a Pontevedra para dirixirse despois a Peinador en Vigo. No quinto día da estadía, Xoán Carlos I tampouco puido gozar das sensacións de sucar a ría de Pontevedra a bordo do Bribón, nin de participar nunha competición de vela. 

As ondas e o vento no mar, como xa pasou o sábado, non impediron que se celebrase a proba prevista pero si fixeron que a tripulación desaconsellara que o rei estivese a bordo do Bribón para disputala.

Coma na xornada anterior, si saíu pola mañá da casa de Campos en Nanín para ir ata o Club Náutico de Sanxenxo e dirixiuse ao espigón pero non chegou a saír do turismo.

Tras unha curta espera decidiron, ante as condicións meteorolóxicas, regresar á vivenda xa que non era aconsellable que se unise ao resto da tripulación do Bribón 500.

Tras esta infrutuosa estadía no deportivo xa se avanza que podería intentar regresar para capitanear o Bribón mesmo antes do verán.

Xoán Carlos I chega ao aeroporto de Vitoria-Foronda esta tarde
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade