Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I sae navegar, pero non participa no primeiro día de regata en Sanxenxo

Xoán Carlos I sae navegar, pero non participa no primeiro día de regata en Sanxenxo

Xoán Carlos I saíu este sábado para navegar pola ría de Pontevedra, pero non participou no primeiro día de regata a bordo do Bribón

O rei emérito chegou a Galicia este martes pasado e está aloxado, coma sempre, na casa de Pedro Campos en Nanín

Xoán Carlos I este sábado en Sanxenxo. Foto: EFE/ Lavandeira jr
G24.gal 26/04/2025 19:20 Última actualización 26/04/2025 21:07

O rei emérito Xoán Carlos I saíu este sábado navegar pola ría de Pontevedra, pero non participou no primeiro día de regata a bordo do Bribón, a embarcación coa que sempre competiu.

O pai de Filipe VI chegou ao náutico sobre as 11:30 horas deste sábado e, ataviado con roupa náutica, gorra e lentes de sol, subiu a bordo da embarcación semirríxida Cristina.

O Bribón, vixente campión da liga Española de 6 metros, e o Titia, primeiro líder da edición deste ano, retomaron esta fin de semana en augas da ría de Pontevedra o seu pulso na segunda serie do calendario 2025 de regatas a vela. Para a tripulación do Bribón, este era o seu primeiro día de competición.

Tras catro horas de navegación, Xoán Carlos I volveu a porto e saíu do espigón do náutico directo á casa de Pedro Campos, en Nanín, onde se aloxa cando vén de visita a Sanxenxo.

Esta é a primeira viaxe no que vai de ano do anterior xefe do Estado a Galicia, onde chegou o martes.

Xoán Carlos I, no coche, de regreso á casa de José Campos en Nanín. Foto: EFE/ Lavandeia jr Xoán Carlos I, no coche, de regreso á casa de José Campos en Nanín. Foto: EFE/ Lavandeia jr
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade