Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xirona e Estudiantes xogan o ascenso á liga ACB

Xirona e Estudiantes xogan o ascenso á liga ACB

G24.gal 19/06/2022 13:35

Se gañar a ACB é importante, atopar un oco nesa categoría case o é máis. É polo que pelexarán esta tarde o Basquet Xirona e o Estudiantes na finalísima polo ascenso que vai acoller o xerundense pavillón de Fontajau.

Xuntaranse os favoritos. O Palencia fronte ao Estudiantes non tivo opción. O Lleida, no derbi catalán fronte ao Xirona case tampouco. E iso que no terceiro cuarto deste partido viviuse unha das accións que poden marcar o desenlace desta fase de ascenso. Na tentativa de tapón cae Marc Gasol que se leva a man ao xeonllo. A sensación era que a lesión podía ser grave tal e como indicaba a reacción dos seus pais e irmán na bancada e de Pau Gasol, que cambiou uns minutos o palco polo vestiario. Marc rematou o partido no banco sen síntomas de dor. A súa transcendencia no equipo é enorme polo que a súa participación pode marcar o desenlace desta fase de ascenso.

O Estudiantes tamén conta con outro campión mundial, Javier Beirán, que foi un dos líderes da exhibición ofensiva diante do Palencia.

O partido vai deparar outra curiosidade, o duelo entre os veteranos xemelgos Urtasun: Álex, no Estudiantes, e Txemi, no Xirona. Só un saboreará o premio do ascenso, un premio polo que pugna o técnico estudiantil Diego Epifanio. Hai só un ano conseguíao co Breogán. Agora tentará devolver ao Estudiantes á máxima categoría logo do desterro da LEB Ouro. E todo isto nun pavillón que estará ateigado malia a sorprendente coincidencia horaria coa final da ACB.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar