Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ilimane Diop convértese en novo xogador do Leyma Coruña

Ilimane Diop convértese en novo xogador do Leyma Coruña

O interior senegalés chega ao Leyma tras doce anos de carreira na ACB

G24.gal 12/08/2025 10:21

O Leyma Coruña anunciou a chegada do pivote senegalés Ilimane Diop, xogador de 2,10 metros que destaca pola súa envergadura, a súa capacidade de anotar dende o bloqueo directo e a súa ampla experiencia na Liga Endesa.

Diop chega procedente do Al Riyadi Club Beirut, onde mediou 12,6 puntos e 8,7 rebotes en 11 encontros, aínda que a súa traxectoria comezou aos 16 anos no Baskonia, club no que xogou nove tempadas no primeiro equipo e se converteu no xogador con máis partidos de Euroliga na historia da entidade. Posteriormente pasou por Gran Canaria, UCAM Murcia, Lenovo Tenerife e o Al-Difaa de Iraq.

Coa súa incorporación, o Leyma suma un xogador con grande influencia defensiva, capaz de protexer o aro e condicionar os tiros rivais, ademais de xerar vantaxes en ataque tanto en continuación como abríndose para o lanzamento exterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade