O Leyma Coruña reforza o seu xogo interior con Braz Macachi
O interior angolano de 24 anos afronta a súa segunda experiencia no baloncesto europeo
Foi elixido mellor pivote da liga de Angola na temporada 2023/2024

O Leyma Coruña anunciou a incorporación do interior angolano de 24 anos Braz Macachi. Chega á cidade herculina para a que é a súa segunda experiencia no baloncesto europeo, despois de disputar a última temporada co A. D. Galomar de Portugal, onde mediou 7,5 puntos e 5,8 rebotes por partido en 21 minutos de xogo.
Previamente, durante a súa estancia na liga de Angola co Desportivo 1 de Agosto de Luanda, foi elixido mellor pivote na temporada 2023/2024 e esa mesma temporada entrou no quinteto ideal da competición.
Macachi é un xogador dunha altura de 2,02 m e que destaca polas súas grandes condicións a nivel físico, sobre todo en defensa podendo defender efectivamente en varias posicións.