Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Basquet Coruña suma a Danilo Brnovic ao seu cadro

O Basquet Coruña suma a Danilo Brnovic ao seu cadro

O ala montenegrino chega para sumar polivalencia ao cadro do conxunto coruñés

X:@basquetcoruna X:@basquetcoruna
G24.gal 04/08/2025 10:27 Última actualización 04/08/2025 12:15

O Basquet Coruña anunciou a incorporación do montenegrino Danilo Brnovic para xogar de ala e ala-pivot. Brnovic chega dende o OKK Spars Saraievo da liga bosníaca onde xogou a durante a segunda metade da última tempada despois de xogar os últimos 2 anos no KK Podgorica Bemax da súa natal Montenegro.

O montenegrino conta con experiencia en España, xa que estivo no Naútico Tenerife catro tempadas, chegando a debutar co Lenovo Tenerife en ACB e en Europa na Basketball Champions League. Posteriormente xogou 20 partidos no Zornotza Saskibaloi Taleda en Segunda Feb. Este pasado no baloncesto español outórgalle a condición de cota ou xogador de formación local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade