Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ximo Puig di que non sabe o que pasou no tren afectado polo lume de Bejís

Ximo Puig di que non sabe o que pasou no tren afectado polo lume de Bejís

O PP cualifica o incidente de "impresentable" e pide a comparecencia da ministra de Transportes

O Goberno di que achegará toda a información, "con total transparencia", para a aclarar o suceso

Dúas das feridas saíron do hospital

G24.gal 19/08/2022 14:21

No medio de distintas versións segue sen aclararse como o tren da liña entre Valencia e Zaragoza puido chegar ata o lume de Bejís. A Generalitat xa pediu un informe á dirección técnica do incendio. O PP esixe que a ministra de Transportes compareza no Congreso

A gravación dende o dron da UME mostra como o lume estaba case riba da vía. Nesas circunstancias aínda non se sabe como puido chegar o tren ata alí. Dende a Generalitat, Ximo Puig considera que puido haber un problema de comunicación, pero que non sabe o que pasou en realidade.

Tampouco se aclara por que os viaxeiros abandonaron o tren. Algúns aseguran que foi a maquinista a que lles abriu a porta. Négao o Adif, e engade que o tren non puido dar marcha atrás porque foron os viaxeiros os que accionaron a apertura da porta. O Partido Popular esixe a comparecencia da ministra de Transportes no Parlamento para que explique por que non se deu a orde de suspender o tráfico desa liña.

"O que pasou é impresentable", asegura o deputado popular, Guillermo Mariscal.

Mentres, alcaldes da zona denuncian que hai tres meses pediran limpar a maleza que rodea as vías

O Goberno di que achegará toda a información, "con total transparencia", para a aclarar o suceso

O Goberno de España e o da Generalitat Valenciana van facilitar, "con total transparencia, toda a información necesaria para esclarecer" o incidente do tren en que este martes quedaron feridos varios pasaxeiros tras baixar nas inmediacións do incendio forestal de Bejís, en Castelló.

Así o afirmou este venres en Valencia a ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, quen precisou que hai unha liña de investigación aberta para esclarecer o sucedido e porque "hai que aprender das situacións para que non se produzan incidentes destas características".

A ministra defendeu que, nese momento, as decisións que tomou a  condutora do tren foron "as acertadas", pois cando se atopaba nunha situación na que había indicios de ter un incendio nas proximidades porque había restos de cinzas, pediu permiso para volver.

Engadiu que cando ía regresar houbo viaxeiros que saltaron do tren tras romper as fiestras, e destacou que no interior do convoi non se atopaba ningunha das persoas que sufriron feridas, senón viaxeiros que baixaran.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar