Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xeadas e friaxe no interior do país

Xeadas e friaxe no interior do país

Os termómetros aínda baixaron máis ca onte no interior

G24.gal 12/01/2024 13:02

Nova xornada de frío e sol. Meteogalicia tiña decretado un aviso amarelo ata as nove da mañá por temperaturas mínimas no sur da provincia de Ourense con ata menos catro graos. Pero onde baixaron máis os termómetros foi na montaña.

No abrente, os lameiros e as hortas do interior do país daban conta da boa xeada que caeu este 12 de xaneiro.

O xeo cubría tamén os tellados e todo o que quedou á intemperie. Iso sí, as estradas estaban libre de placas.

Onde máis caeron as temperaturas foi na montaña ourensá con ata oito graos negativos en Manzaneda. Pero os termómetros estiveron baixo cero en boa parte das provincias de Ourense e Lugo, a menos cinco graos chegaron en Portomarín e en Sarria. O bo é que ao saír o sol logo entra un en calor.

Unha estampa moi diferente á que atoparemos mañá ao espertar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar