Cargando resultados...
Xavi Hernández carga contra as arbitraxes e fala de liga "adulterada"
Os dous grandes do fútbol español acúsanse mutuamente de recibiren os favores arbitrais
G24.gal
02/02/2024 21:09
Insiste Xavi Hernández en que as presións aos árbitros adulteran a Liga. As polémicas decisións do VAR fomentan a guerra entre o Barcelona e o Real Madrid, que se acusan mutuamente de ter historicamente o favor arbitral.
Laporta foi moi directo hoxe acusando de cinismo ao Real Madrid. Mentres, Xavi reitera a súa decisión de deixar o Barcelona ó final da temporada. Pero non renuncia aos títulos. Aínda que vén repetindo que esta liga lle vai ser difícil de gañar, quere empezar a recortar puntos contra o Alavés. O líder Real Madrid está a dez.