Cargando resultados...
Xardín sensorial e refuxio climático no Carballiño
Conta cunha vintena de prantas aromáticas nun espazo natural ao carón do río Arenteiro, dentro do parque municipal urbano do Carballiño
Este xardín ten olores propios
G24.gal
21/07/2025 21:27
Última actualización 21/07/2025 21:32
Este xardín ten olores propios. É dicir, sentarse nun dos seus bancos, a carón do río Arenteiro, é toda unha experiencia para os sentidos, sobre todo para o olfacto xa que estas rodeado por unha vintena de plantas aromáticas.
Este parque ole a lavanda, romeu, alfándega, herba boa, ourego....e está aberto a todo o público que pase por este paseo a carón da piscifactoría do Carballiño. Un espazo concibido como un refuxio climático.
A súa construción foi a través dun obradoiro de emprego onde participaron unhas dezaseis persoas menores de trinta anos. Todas elas, conseguiron xa o seu certificado de xardinería.