Xabóns e xampús en pastilla volven cada vez máis aos fogares para minimizar o plástico
Cada vez a xente está máis concienciada en usalos porque non teñen tóxicos nin plásticos
A guerra contra o plástico líbrase cada vez máis desde os fogares. Boa proba é a auxe nos últimos anos do regreso aos xabóns sólidos mesmo nos cosméticos que chegan a ser pequenas mostras de artesanía e sostibilidade.
Pequenas porcións de xabón artesán que recenden a lavanda e outras plantas comúns nos xardíns de Galicia. Esta marca de cosmética sólida que se inspirou no mar de Mera e nos saberes das avoas para unirse á tendencia en auxe na sociedade de evitar os plásticos e protexer o medio natural.
"O que se compra é cen por cen materia prima de calidade, un formato práctico, cómodo, e no que a xente confía agora cada vez máis", confirma Jessica Estraviz artesá de Mar de Miranda.
Auxe dun estilo de vida máis natural que se reflicte no aumento de vendas na cosmética sólida en toda Europa.
"Cada vez a xente está máis concienciada en usalos porque non teñen tóxicos nin plásticos", explica María Roade, de Fieito, tenda en liña de produtos ecolóxicos e sostibles.
"Ao principio o mercado era máis reducido, había menos marcas e empresas grandes que agora ven a oportunidade", comenta José Antonio Villa, o outro socio de Fieito.
"Feitos aquí en Galicia que se fan con caléndula, romeu, limón, con pébeda de uva e teñen moita aceptación tanto a nivel nacional como europeo", afirma María Roade.
Produtos sostibles con certificación ecolóxica e probada rastrexabilidade que están deixando de ser minoritarios en cosmética pero tamén no fogar ou na roupa.