Xabi Alonso asina o seu contrato co Real Madrid ata 2028
Alonso sucede no banco do Real Madrid o italiano Carlo Ancelotti, que se despediu o sábado do club, nunha emotiva homenaxe no Santiago Bernabeu
Xabi Alonso asinou durante este luns o seu contrato como adestrador do Real Madrid ata o próximo 30 de xuño de 2028. O ex técnico do Bayer Leverkusen, quen chegou o domingo a Madrid, volveu á Cidade Deportiva de Valdebebas como adestrador do primeiro equipo seis anos despois de pechar a súa etapa, dun ano, na canteira madridista e 11 despois de despedirse como futbolista para xogar unha última etapa no Bayern de Múnic.
Alonso sucede no banco do Real Madrid ao italiano Carlo Ancelotti que se despediu o sábado do club, nunha emotiva homenaxe no Santiago Bernabéu, como o técnico con máis títulos da historia do conxunto branco, con 15.
Con todo, esta tempada os resultados non foron os esperados, ao non gañar os títulos de Liga, Liga de Campións, Copa do Rei e Supercopa de España, e propiciaron que se abra a etapa de Xabi Alonso. Esta iniciouse o domingo co comunicado oficial da súa chegada e rubricouse este luns coa firma do contrato que lle une ao Real Madrid ata o 30 de xuño de 2028.