Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa se traballa para converter o sangue de porcos e vacas nun recurso económico

Xa se traballa para converter o sangue de porcos e vacas nun recurso económico

Os matadoiros gastan ata 100.000 euros anuais en procesalo antes de destruílo

Fertilizantes e complementos alimentarios serían os usos do sangue do gando

Andrés Pavón 28/11/2024 17:57 Última actualización 28/11/2024 18:53

Máis aló das filloas na matanza e das morcillas, o sangue dos porcos e as vacas non ten ningún uso. Hai que procesalo antes de envialo ás depuradoras, co conseguinte custo para os matadoiros. Pero o seu alto contido en aminoácidos, ferro e proteína fai que poida ter usos de alto beneficio económico e ambiental. De feito, o valor de cada animal podería aumentar un 5% se se aproveita o seu sangue.

"O sangue é hoxe un custo polo seu procesamento. Con este proxecto podería pasar a ser un beneficio, que é o que queremos", di Higinio Mougán, xerente de AGACA.

O aproveitamento iría en dúas direccións. Por un lado como ingrediente para elaborar galletas ou barras enerxéticas e por outro como fertilizante para millo forraxeiro, horticultura e plantas de xardín. Cada vaca ten uns 60 litros de sangue no seu organismo mentres que os porcos están en oito, polo que o recurso sería de 30.000 toneladas anuais só en Galicia.

"Dado o alto contido proteico e en ferro, imos crear diferentes alimentos que sirvan como complemento das dietas", engade Mougán.

Se as probas e investigacións prosperan, en tres anos poderíase estar xa utilizando o sangue do gando galego nos eidos previstos no proxecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar