Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa coñecemos os finalistas para os premios Mestre Mateo

Xa coñecemos os finalistas para os premios Mestre Mateo

Entre as seleccionadas, Esther Estévez, presentadora do Dígocho eu, e Xosé Antonio Touriñán por Catro gatos

G24.gal 07/02/2023 20:54

Caras coñecidas da televisión e da escena galegas deron lectura aos finalistas das 26 categorías dos premios Mestre Mateo. Entre as seleccionadas, Esther Estévez, presentadora do Dígocho eu, e Xosé Antonio Touriñán por Catro gatos. Os dous optan a mellor programa e mellor comunicador/comunicadora.

Xunto ao Dígocho eu, o programa de cine Clac da TVG tamén é finalista a mellor programa. Esta edición dos Mestre Mateo bateu marcas de candidaturas, con preto de 200 obras presentadas.

Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can, todas elas coa participación da TVG, loitarán polo galardón a mellor película nunha gala que se celebrará o 11 de marzo no Auditorio de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade