Xa comezaron chegar os primeiros cirros á muralla de Lugo
Os ocos do monumento romano son o lugar elixido por esta especie de paxaros para depositar os ovos
A súa presenza na cidade condiciona as obras e a limpeza da muralla
A muralla de Lugo, cos seus buratos, ofrece o mellor refuxio para os cirrios que, acabados de chegar do continente africano, xa comezan a deixarse ver na contorna da construción romana.
Manifesta unha representante do grupo Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde, Nery Díaz, que "é o lugar de España con máis poboación".
A presenza destas aves é especialmente curiosa polas bandadas que forman e que se poden ver a primeira hora da mañá e á posta do sol.
Desenvolven o seu ciclo vital no aire e só paran para aniñar. Comentan algúns veciños que resulta "agradables" escoitalos.
Os cirrios acaban de chegar a Lugo e ata que se vaian, pasado o verán, non se retomarán as obras no monumento romano.