Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa chegaron a Compostela case tantos peregrinos coma en todo o ano santo de 2010

Xa chegaron a Compostela case tantos peregrinos coma en todo o ano santo de 2010

A Oficina do Peregrino emitiu xa preto de 250.000 compostelas 

No último ano santo de 2010 seláranse 272.388 

O 52,5 % dos camiñantes vén polo Camiño Francés, fronte ao 70 % de 2010

G24.gal 12/08/2022 15:02 Última actualización 12/08/2022 15:24

O Camiño Francés é unha romaría estes meses de verán. Pese a ser a ruta máis concorrida, máis da metade dos camiñantes, o 52,6 %, seguen preferindo esta vía para peregrinar a Santiago. No que vai de ano, chegaron pola ruta francesa 131.000 peregrinos. O resto ata os 249.667 rexistrados na Oficina do Peregrino a día de hoxe viñeron polo resto dos camiños, especialmente polo portugués. 

De seguir a este ritmo, con máis de 2.500 camiñantes rexistrados cada xornada na Oficina do Peregrino, en menos de dez días terase superado xa o total de compostelas seladas no Xacobeo de 2010. Faltan só, uns 23.000 peregrinos máis, para chegar á cifra daquel ano. Pero desde o 2010 o número de camiñantes non parou de medrar, así que a referencia que se ten máis presente agora mesmo é a do ano 2019, cando se bateu o récord de chegada de peregrinos con preto de 350.000.

A este paso, a comezos de outono xa se terá superado tamén ese número, porque este 2022 non para de ofrecer máximos de afluencia mes tras mes. Á maioría dos camiñantes parece non desgustarlles a altísima concorrencia que leva camiño de converter este xacobeo nun ano récord de afluencia de peregrinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar