Cargando resultados...
Wizz Air voará desde Santiago a Madrid, Valencia e Bilbao
A compañía húngara de baixo custo comezará a operar en novembro
Europa Press
G24.gal
08/07/2026 15:43
Wizz Air anunciou este mércores a apertura de senllas bases operativas en Madrid e Valencia para o próximo mes de novembro, unha expansión que permitirá incrementar a súa capacidade e ampliar a súa rede de destinos.
A expansión en España con estas dúas novas bases permitirá a Wizz Air poñer en marcha 11 novas rutas nacionais e cinco internacionais. Galicia beneficiarase destas novas conexións. A aeroliña húngara operará desde o aeroporto de Santiago. Ofrecerá tres destinos nacionais, Madrid, Valencia e Bilbao.Malpensa, co obxectivo de ofrecer máis opcións de viaxe desde ambos os aeroportos españois