Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de votación no PSOE de Ourense cunha única candidata

Xornada de votación no PSOE de Ourense cunha única candidata

A executiva local mantén a votación malia que se retirou o único contrincante de Natalia González

Votación na sede do PSdeG-PSOE esta mañá Votación na sede do PSdeG-PSOE esta mañá
G24.gal 12/03/2022 14:17

Xornada de votación no PSOE local de Ourense, malia que só hai unha candidata a presidir a executiva municipal. Contra todo prognóstico, ao retirarse o único rival de Natalia González, os socialistas decidiron seguir adiante coa votación, que se prolongará ata as oito da tarde, para non alterar a orde do día.

O outro candidato, Xosé Rúas, afín á executiva provincial, retirouse con duras críticas aos contrincantes, aos que acusa dun cento de afiliacións irregulares. Pola súa banda, Natalia González apela á participación da militancia para construír unha alternativa seria de cara ás municipais de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade