Críticas de Besteiro a Rueda e Feijóo pola súa actuación tras o apagamento
O líder do PSdeG clausurou o congreso do partido en Pontevedra, que reelixiu a Regades
Besteiro destacou a intención dos socialistas de rearmarse para ser unha alternativa en Galicia
O líder dos socialistas galegos fixo referencia ao apagamento sufrido o luns. Xosé Ramón Gómez Besteiro acusou o presidente da Xunta de desentenderse da crise e a Alberto Núñez Feijóo de vir a Galicia a dar leccións sobre a xestión das emerxencias.
Foi durante a súa intervención na clausura do 5º Congreso do PSdeG de Pontevedra, que elixiu a David Regades como secretario xeral por terceira vez consecutiva.
Besteiro destacou a intención do partido de rearmarse para ser unha alternativa en Galicia e defendeu a resposta do Goberno central nas crises fronte ao modelo do PP.