Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez pide ás eléctricas que colaboren co Goberno para aclarar a causa do incidente

Sánchez pide ás eléctricas que colaboren co Goberno para aclarar a causa do incidente

Anunciou a creación dunha comisión de investigación do Consello de Seguridade Nacional para esclarecer a orixe do fallo do sistema e asegurou que o Executivo "chegará ata o fondo"

Sánchez convocou de novo ao Consello de Seguridade Nacional para este mércores

Partidos da oposición critican a falta de información: Feijóo di que a información oficial da que dispoñen neste momento "non é clarificadora nin contrastada"

Reunión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, con representantes das principais compañías eléctricas
G24.gal 29/04/2025 20:04

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reuniuse este martes coas principais compañías eléctricas na Moncloa e pediulles que colaboren para esclarecer o motivo do apagamento que deixou sen luz a toda a Península Ibérica.

Na reunión "de urxencia" convocada no Complexo Presidencial, o presidente tamén lles agradeceu "o seu labor na pronta recuperación da subministración, segundo escribiu nunha mensaxe na rede social X, recollido por Europa Press.

"E pedinlles que colaboren co Goberno e os organismos independentes para identificar as causas do incidente. Debemos acometer as melloras necesarias para garantir a subministración e a competitividade futura do noso sistema", indicou a continuación.

Esta reunión -á que acudiron a presidenta de Red Eléctrica, Beatriz Corredor, e representantes de Iberdrola, Endesa, EDP, Acciona Enerxía e Naturgy- produciuse só unhas horas despois de que o xefe do Executivo puxera o foco nas eléctricas ao sinalar que esixirá todas as responsabilidades pertinentes "aos operadores privados" de electricidade, a pesar de que aínda non coñece o motivo polo que se produciu o apagamento masivo.

Nese sentido anunciou a creación dunha comisión de investigación do Consello de Seguridade Nacional para esclarecer a orixe do fallo do sistema e asegurou que o Executivo "chegará ata o fondo" para coñecer o detalle do que sucedeu. Ademais asegurou que acometerá as reformas necesarias para que non volva suceder.

Sánchez convocou de novo o Consello de Seguridade Nacional para este mércores, nunha quinta reunión extraordinaria no Complexo da Moncloa, e co obxectivo de seguir avaliando a situación provocada polo apagamento que afectou ao país.

Falta de información

O Partido Popular e Vox critican a xestión da crise que está facendo o Goberno e aluden directamente á falta de información durante as seis primeiras horas de apagada. Podemos di que non é o momento de cuestionar o Goberno, senón de valorar a capacidade de reacción.

Núñez Feijóo asegurou ante os seus colegas do Partido Popular Europeo (PPE) que non pode ofrecer "respostas" sobre o apagamento eléctrico porque a información oficial da que dispoñen neste momento "non é clarificadora nin contrastada". Dito isto, mostrouse convencido de que será clave o papel de Europa para "saber a verdade" do ocorrido co corte de subministración que afectou a Península.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade