Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un voraz incendio arrasa unha tapería en Ponte Caldelas

Un voraz incendio arrasa unha tapería en Ponte Caldelas

As lapas estragaron toda a cociña e comezaron no cadro eléctrico cando a o local estaba baleiro

G24.gal 27/05/2026 14:12

Un voraz incendio calcinou a cociña da tapería Victoria no centro da localidade pontevedresa de Ponte Caldelas, xusto na semana da concorrida festa da troita que se celebra esta semana.

O lume comezou no cadro eléctrico cando a tapería estaba baleira, o primeiro en acudir foi o alcalde que botou man duns extintores, logo xa chegou a motobomba do concello que fixo o groso do traballo e finalmente os bombeiros do Morrazo.

A propietaria estima unhas perdas próximas aos 40.000 euros, e precisará un mes mínimo para reconstruír a cociña do local.

Para non perder a fin de semana vai pedir un permiso especial ao Concello para colocar pranchas na rúa e terrazas e non perder todo o consumo da fin de semana.

Segundo os axentes da Científica que acudiron ao lugar, o lume comezou no cadro eléctrico e tivo unha orixe fortuíta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade