Publicador de contidos

Publicador de contidos

As boticas galegas xa dispoñen da maioría de antibióticos

As boticas galegas xa dispoñen da maioría de antibióticos

Faltan o Penilevel para alérxicos á amoxicilina e o Todacitán para deixar de fumar

G24.gal 16/04/2023 13:41 Última actualización 16/04/2023 14:00

O desabastecemento nas farmacias xa pasou os seus momentos máis duros en novembro ou decembro. Xa hai case todos os antibióticos agás o PENILEVEL para alérxicos á amoxicilina. Falta o Todacitan para deixar de fumar e escasean os inxectables para diabéticos SAXENDA e OCEMPIC, que se empregan tamén para adelgazar.

Algunhas farmacias fan acopio para tempos de escaseza, pero non dúas das de maior volume de vendas de Vigo como a de 24 horas de Balaídos ou a robotizada de Policarpo Sanz.

Cos recentes gromos de tose ferina e os casos de meninxite nunha escola infantil tamén escasearon os fármacos para estas doenzas.

Aos farmacéuticos gustaríalles que fose máis flexible a expedición de medicamentos, xa que polo de agora eles non poden variar presentacións e isto obriga ás familias a volver ao centro de saúde ou ao hospital para unha receita nova para levar por exemplo un fármaco en cápsulas e non en sobres ou comprimidos.

O problema de fondo da escaseza de fármacos débese ao seu reducido prezo en España, que implica que os laboratorios priorizan outros países que lles pagan máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar