Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven resgar as rodas dos coches nunha rúa de Cambados

Volven resgar as rodas dos coches nunha rúa de Cambados

A Garda Civil rexistrou xa denuncias por danos en seis vehículos este luns

No verán resgáronlles do mesmo xeito as rodas a outros coches na mesma rúa

A Policía Local e a Garda Civil inspeccionan as cámaras dos locais da rúa 

G24.gal 08/11/2022 14:15

A rúa Olmos parece unha zona tranquila a simple vista, pero hai detalles que confirman que ás veces non o é tanto. Na mañá deste luns varios coches apareceron coas rodas resgadas.  

Esta vez a Garda Civil recibiu cinco denuncias por seis vehículos afectados, pero hai quen di que foron polo menos nove. E xa non é a primeira vez que pasa. Pura é das afectadas de cando pasou o mesmo este verán.

"Resgáronas, as dúas do mesmo lado, que tiven que cambiar as catro".

A Policía Local e a Garda Civil investigan o asunto e rexistran as gravacións nocturnas das cámaras de seguridade dunha carnicería e outros os negocios da zona.

Pese a que se repite na mesma rúa, de momento consideran que se trata dunha trasnada indiscriminada sen destinatarios premeditados. De feito ningún dos afectados agora coincide cos que sufriron as picadas no verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos