Cargando resultados...
Volven estar de moda os bóxers anchos de tea?
Un artigo do Financial Times asegura que esta prenda de roupa interior masculina volve ser tendencia
G24.gal
11/08/2022 21:58
Un artigo do Financial Times espertou un debate de verán arredor da roupa interior masculina. O texto proclama a volta dos bóxers de tea e de perna ancha, e as respostas non se fixeron esperar.
Da palabra calza saen pezas que vestimos de cintura para abaixo: calzado, calcetíns, calzas e, por suposto, calzóns. E con nostalxia de Paul Newman agora un artigo do Financial Times proclama que os bóxers de tea e de perna ancha volveron.
Todo un debate de preferencias arredor dos bóxers de tea. Dende que hai máis de 7.000 anos os exipcios empezaran a usar roupa interior, moito cambio foi vivindo a moda íntima.