Cargando resultados...
Volven autorizar as queimas agrícolas a particulares
Volven autorizar as queimas agrícolas a particulares
Deberá comunicarse a través do teléfono 012 ou da web da Consellería do Medio Rural con 2 días de antelación
G24.gal
29/05/2023 18:30
Última actualización 29/05/2023 18:54
Dende este luns, volven estar autorizadas as queimas agrícolas de particulares. Volve estar permitido facer queimas agrícolas por parte de particulares en toda Galicia, sempre e cando se comunique. Poderá facerse ou ben a través do teléfono 012 ou da web da Consellería do Medio Rural e sempre con 2 días de antelación.
Tamén se retoman desde hoxe as solicitudes para levar a cabo queimas de restos forestais, aínda que neste caso ao tratarse dunha actividade de máis risco é necesario contar coa autorización da Xunta.
Iso si, os permisos quedarán suspendidos en días de vento ou temperaturas altas.