Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve o tempo de inverno, cunha sucesión de borrascas que pasan máis ao sur do habitual

Volve o tempo de inverno, cunha sucesión de borrascas que pasan máis ao sur do habitual

A primeira borrasca deixará chuvia abundante, vento e tamén moito frío ata o domingo

Activan o aviso laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra

Nas montañas de Ourense e Lugo a acumulación de neve pode chegar aos 15 centímetros

G24.gal 07/03/2024 14:15 Última actualización 07/03/2024 21:38

Os avances da AEMET para o mes de marzo auguraban un tempo máis húmido do habitual e a perspectiva do que nos agarda para os próximos días parece confirmalo.

Unha sucesión de borrascas, que normalmente se centran á altura das illas británicas, baixarán máis ca de costume e impactarán en todo o litoral atlántico da península, moi especialmente en territorio galego.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para este venres a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña e Pontevedra.

Haberá vento do oeste ou suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste, con ata sete metros.

Os encoros, que están máis cheos ca nunca, están soltando auga para facer sitio para a que vai caer, que será en forma de neve nas zonas altas, onde se agardan acumulados de ata 15 centímetros.

A invernada seguirá o sábado con neve en cotas aínda máis baixas, como a serra do Suído, e o mar tamén vai seguir revolto. Para o domingo a situación vai clarear algo, pero non por moito tempo, porque a semana que vén as previsións auguran que o horizonte seguirá cargado de nubes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade