Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve o sol nunha xornada fría e nevada na montaña de Lugo e Ourense

Volve o sol nunha xornada fría e nevada na montaña de Lugo e Ourense

Normalidade na rede de estradas de Galicia

G24.gal 26/02/2023 08:21

A neve tinguiu de branco o interior de Galicia. Os termómetros non subiron este sábado dos 13 graos e agora durante a madrugada baixaron dos cero en varios concellos das provincias de Lugo e de Ourense.

A mínima foi en Calvos de Randín, que chegou aos menos cinco, e Baltar rexistrou 4 graos negativos. Con todo, nas estradas non houbo problemas para circular e despois desta noite a neve xa apenas fai acto de presenza.

Este domingo baixan aínda un pouco as temperaturas mínimas, pero o sol volve coller protagonismo. O tempo anticiclónico fai prever unha xornada propicia para gozar da paisaxe que deixou as últimas nevaradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar