Volve o Galicia Fórum, o maior evento de gastronomía do noroeste peninsular
A edición de 2022 volve celebrarse na Coruña, entre o 25 e o 27 de setembro, tras dous anos de parada
O Fórum Gastronómico escolleu Santiago, a cidade que o viu nacer en 2006, para presentar o programa de actividades desta edición de 2022, que é todo un renacemento: máis de 160 expositores, obradoiros, relatorios e unha mención moi especial á gastronomía líquida.
Dun salto, desde a última edición de 2019, os promotores do Galicia Fórum Gastronómico volven reivindicando o papel deste evento na promoción da gastronomía galega.
"Moitos cociñeiros galegos que hoxe son grandes referentes e grandes estrelas, a primeira vez que falaron en público e lle tremeron as pernas foi en Fórum", declarou Ana Trevisani, a directora do evento.
O Galicia Fórum Gastronómico ten unha vertente comercial, pero tamén de formación, contacto, debate e reflexión. E por iso non eluden os desafíos do futuro, centrando este ano todas as súas actividades no concepto de sustentabilidade.
Pasado, futuro e vertente lúdica, abórdanse con especial énfase este ano na gastronomía líquida, con batallas de sommeliers e concursos de catas por parellas.
"Para iso nós poñemos en cada eliminatoria cinco viños, complemente ás cegas, e eles teñen que dicirnos que tipo de terra, que tipo de clima e de que variade está feito", explicou o director do INGAVI, Xoán Canas.
Comeza a conta atrás. Os que queiran estas ao día das novidades da gastronomía, teñen entradas de 10 euros diarios e 20 euros os bonos de tres días.