Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a Silleda a feira máis importante sobre innovación agropecuaria

Volve a Silleda a feira máis importante sobre innovación agropecuaria

É a segunda maior do sector en España e conta con 168 expositores de 7 países

G24.gal 02/03/2023 14:46

Tras a parada pola pandemia volve a Silleda a Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, a segunda máis importante do Estado. Volve con forzas renovadas e coa expectativa de superar os 18.000 visitantes que tivera na anterior edición.

É un lugar onde palpar as novidades en maquinaria, en robótica e xenética. Todas as innovacións que poden contribuír ao desenvolvemento do sector agropecuario.

Tamén se desenvolven relatorios, debates e reflexións sobre o que debe ser o futuro do sector en Galicia e que, segundo as directrices que marca a Unión Europea, debe pasar pola sostibilidade, as enerxías renovables e o benestar animal.

"Temos 168 expositores de sete países. Estas innovacións están conseguindo facer o traballo máis seguro, rápido, eficiente e rendible", explica Ricardo Durán Rodríguez, director presidente da Fundación Semana Verde de Galicia.

Paralelamente desenvólvense xornadas informativas sobre a incorporación dos mozos ao medio rural ou sobre eficiencia enerxética.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade