Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe pon á venda os billetes Galicia-Madrid para viaxar a partir do 9 de xuño

Renfe pon á venda os billetes Galicia-Madrid para viaxar a partir do 9 de xuño

O total de prazas no corredor Galicia-Madrid, a partir do 9 de xuño Renfe, o único operador en Galicia, "pasará a ofertar un 90 % máis de media, con respecto a abril de 2024

G24.gal 14/05/2025 10:38

O operador ferroviario Renfe pon á venda os billetes para traxectos no corredor de alta velocidade Galicia-Madrid para viaxar a partir do 9 de xuño, con mellora dos tempos de viaxe e aumento do número de prazas dispoñibles, informou este mércores o Ministerio de Transportes. A oferta está xa dispoñible para adquirir os billetes e a partir do 9 de xuño Renfe poñerá en marcha unha nova oferta con máis trens da serie Avril 106 de Talgo en circulación, en substitución dos Alvia, informou o Ministerio o pasado luns nun comunicado.

Desde a posta en servizo dos novos trens S106 en Galicia en maio de 2024, as conexións con Madrid "melloraron con traxectos cun menor tempo de viaxe, máis prazas ofertadas (os S106 ofrecen máis de 500 prazas), mellores prestacións e frecuencias, a estrea do AVE máis aló de Ourense (Santiago, A Coruña, Vilagarcía, Pontevedra e Vigo), e prezos máis axustados grazas á posta en servizo dos Avlo", sinala o Ministerio.

Os novos trens de eixes adaptables ao trazado de ancho internacional entre Ourense e Madrid e ao ancho ibérico no resto de Galicia reduciron o tempo de viaxe entre as cidades galegas e Madrid "nuns 20 minutos", indica o citado departamento do Goberno central. En canto ao total de prazas no corredor Galicia-Madrid, a partir do 9 de xuño Renfe, o único operador en Galicia, "pasará a ofertar un 90 % máis de media, con respecto a abril de 2024 (antes de poñerse en servizo os S106)". A oferta global Galicia-Madrid desde este día será de 11 frecuencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade