Unha empresa cárnica lucense elabora pastrami, un produto moi versátil na cociña
Trátase de carne curada e adubada que se pode empregar para facer emparedados e tamén consumir en cru
Destaca como fonte de proteínas e é baixa en graxa
O pastrami é unha carne curada e adubada, moi popular na cultura gastronómica norteamericana. Unha empresa de Lugo acaba de incorporalo ás súas elaboracións e o seu produto xa quedou finalista nos premios Galicia Alimentación.
Explica a responsable de vendas, Isabel Amiama, que se elabora con "carne de vaca e tras metelo en salmoira leva unha cocción".
Destaca pola súa versatilidade á hora de preparalo e por ser unha boa fonte de proteínas. Segundo manifesta Amiama, "non leva nada de graxa e ten moitas variedades culinarias, desde un emparedado de pastrami a tostas ou consumilo sen nada máis".
Anímense a probalo porque sorprende.