Os pequenos autónomos piden que o Goberno aplique a franquía do IVE
A Comisión Europea leva a España ante o TXUE por non aplicar a normativa comunitaria
João ten un pequeno taller de venda e reparación de vehículos. Cada mes ten que botar contas para asegurar o seu medio de vida.
"Chegas a final de mes e pregúntaste: e eu con que quedo?, pregúntase João.
Javier abre cada día a persiana do seu local de hostalería. As cargas administrativas e a suma de impostos supoñen un grande esforzo para o pequeno negocio.
"É a diferenza entre poder contratar persoal ou manter o negocio aberto", explica Javier Pastorizo.
Por iso ven na chamada de atención da Comision Europea un apoio á súa actividade que dinamiza, din, a economía.
"Parece que os autónomos só estamos para pagar", di Carolina no seu comercio de roupa.
Din que non piden axudas. Pero sí unha rebaixa das cargas impositivas que poñen en perigo moitas iniciativas empresariais.