Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vía Madrid-Galicia está operativa, pero non circularán trens pola proximidade do lume

A vía Madrid-Galicia está operativa, pero non circularán trens pola proximidade do lume

Renfe confirmou que este venres non se reactivará a circulación

O Adif informou tamén da suspensión da liña convencional entre Vilarmatín de Valdeorras e Montefurado

Sen alternativas para ir a Madrid: a alta demanda dispara os prezos nos coches de alugueiro, os compartidos e por avión

G24.gal 15/08/2025 14:06 Última actualización 15/08/2025 16:05

A vía férrea entre Madrid e Galicia está operativa ao cen por cento, como verificou o administrador de infraestruturas ferroviarias Adif, que mantén activa unha máquina exploradora 24 horas para verificar o seu estado. Con todo, Renfe confirmou que este venres non se reactivará a circulación. 

Tanto Renfe como Adif, xestor das infraestruturas ferroviarias, xa anunciaron na tarde do xoves que o servizo de alta velocidade entre Madrid e Galicia seguiría interrompido ata novo aviso pola negativa evolución dos incendios forestais en Castela e León e Galicia.

No seu comunicado conxunto, Renfe e Adif supeditaban unha eventual continuación do servizo ao permiso das autoridades competentes. O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, fixo esta precisión a través dun chío na rede social X, na que apuntou que esa vía férrea están operativa ao cenpor cento, aínda que non hai circulación de trens dado que non teñen permiso como consecuencia da proximidade das lapas. "É a primeira vez que unha liña ferroviaria de alta velocidade está cortada tres días consecutivos", afirmou.

A circulación de trens na liña Madrid-Galicia mantense suspendida de forma ininterrompida desde este xoves polos incendios forestais en varias zonas da provincia de Ourense.

Renfe habilitou unicamente un convoi entre Madrid e Zamora para prestar un servizo ata esta capital de provincia para os viaxeiros que tiñan este destino, pero, de momento, non se expón reabrir o servizo ferroviario na liña Madrid-Galicia, segundo informou a EFE. 

Os incendios obrigaron tamén a suspender esta tarde, a petición da forzas de suguridade a circulación entre Vilarmatín de Valdeorras e Monfefurado, que forma parte da liña convencional León-Monforte de Lemos. 

 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade