Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios obrigan a pechar a conexión por tren con Madrid ata novo aviso

Os incendios obrigan a pechar a conexión por tren con Madrid ata novo aviso

O operador ferroviario pon autobuses para completar o traxecto dos convois afectados

Óscar Puente pide "desculpas ás persoas que tiveron que pasar a noite nas estacións"

G24.gal 14/08/2025 11:42 Última actualización 14/08/2025 22:28

Renfe suspendeu para o que resta deste xoves a circulación na liña de alta velocidade Madrid‑Galicia pola negativa evolución dos incendios próximos á vía.

A circulación dos trens de alta velocidade entre Galicia e Madrid volveu interromperse pola reactivación do incendio, case dúas horas despois de que o servizo se restablecese tras a inspección "satisfactoria" de Adif.

En concreto, o corte prodúcese entre A Pobra de Seabra e Ourense por orde de Protección Civil (CECOPI Castela e León), segundo unha nova mensaxe de Renfe a través de X, explicando que "os trens que se atopaban en traxecto serán apartados en estacións ata que poida garantirse a continuación da circulación"

Tras o corte deste mércores, o operador ferroviario anunciara ás dez do restablecemento do servizo, pero apenas durou dúas horas. A suspensión dos trens xerou acumulación de pasaxeiros nas estacións galegas e na madrileña de Chamartín, aos que se lles deu a opción de cambiar e anular os seus billetes sen custo ningún.

O operador ferroviario deu alternativas de transporte con autobuses para completar o traxecto dos convois afectados, pero moitos dos que saíron de Ourense tiveron que dar volta polo corta da autovía A-52.

A compañía ferroviaria custeou 176 cuartos nun hotel da capital para 267 viaxeiros con ligazón e necesidades especiais e distribuíu na estación de Chamartín un milleiro de bolsas de viaxe con comida e avituallamento. 

Nunha mensaxe na súa conta oficial de X, o ministro de Transportes, Óscar Puente, pediu "desculpas ás persoas que tiveron que pasar a noite nas estacións". Cando parecía que o servizo se ía renovar, posteriormente suspendido de novo, Puente relataba que levou cinco horas de traballo repoñer o danado na liña do tren entre Galicia e Madrid, "e con moitas dificultades". Con todo, mantense cancelado o servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade