Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa rebaixa os impostos aos produtos do mar e do agro estadounidenses para salvar o sector do automóbil

Europa rebaixa os impostos aos produtos do mar e do agro estadounidenses para salvar o sector do automóbil

A UE e Washington pactan un acordo que reduce os recargos á industria automotriz europea

A Comisión propón acceso preferente a produtos do mar e agrícolas dos EUA

G24.gal 28/08/2025 19:21

A Comisión Europea cedeu á esixencia da Casa Branca de reducir aranceis a produtos agrarios e pesqueiros estadounidenses a cambio dunha rebaixa nos recargos que afectan á industria do automóbil europeo, considerada un sector vital.

O pacto arancelario foi subscrito o 21 de agosto e prevé un arancel xeral do 15% ás exportacións, aplicable tamén a sectores como o farmacéutico e os semicondutores.

Condición de Washington: maior acceso ao mercado europeo

Os Estados Unidos condicionaron a redución dos recargos ao automóbil a que os seus produtos agrícolas e alimentarios teñan mellor acceso ao mercado comunitario.

Para cumprir esta esixencia, a Comisión Europea propón eliminar aranceis sobre produtos industriais estadounidenses e ofrecer acceso preferente a unha gama de produtos do mar e agrícolas non sensibles. É dicir, a produtos que non supoñen unha ameaza directa para os agricultores ou pescadores europeos porque teñen pouca produción interna ou pouca relevancia económica no mercado europeo.

Tamén inclúe a prolongación da exención arancelaria da lagosta, que agora abrangue a lagosta procesada.

A cambio a automoción europea terá nos EUA un arancel do 15%

Con este movemento, Bruxelas busca garantir que o automóbil se beneficie do arancel xeral do 15%, con efecto retroactivo desde o 1 de agosto de 2025.

Segundo cálculos do Executivo comunitario, esta medida permitirá aforrar ás fabricantes europeos máis de 500 millóns de euros en aranceis nun só mes.

As reducións arancelarias da UE deben ser aprobadas polo Consello e o Parlamento Europeo para entrar en vigor.

Produtos con aranceis nulos: xenéricos, precursores químicos, aeronaves e cortiza

Washington tamén se comprometeu a aplicar aranceis nulos ou case nulos a recursos naturais non dispoñibles como a cortiza, a todas as aeronaves e os seus compoñentes, os produtos farmacéuticos xenéricos cos seus ingredientes e os precursores químicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade