Publicador de contidos

Publicador de contidos

O IPC moderouse en abril no 2,2 % polo abaratamento de gas, luz e gasolinas

O IPC moderouse en abril no 2,2 % polo abaratamento de gas, luz e gasolinas

Os prezos dos alimentos moderáronse ata un 2 %

A suba de prezos en Galicia mantense respecto ao ano anterior

G24.gal 14/05/2025 09:16 Última actualización 14/05/2025 09:52

A inflación avanzou un 2,2 % en abril respecto ao mesmo mes do ano anterior, unha taxa que supón unha décima menos respecto á de marzo.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou así este mércores o incremento do Índice de Prezos de Consumo (IPC) de abril, que adiantou a finais do pasado mes, debido ao comportamento á baixa dos prezos do gas, a electricidade e os carburantes.

A inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) situouse no 2,4 %, tras aumentar catro décimas respecto a marzo.

A subida de prezos en Galicia mantense respecto ao ano anterior

A inflación continuou en Galicia en abril por baixo do 2 %, cun crecemento do 1,9 % respecto ao mesmo mes do ano anterior, tres décimas menos que no conxunto de España.

Na Comunidade Autónoma Galega os alimentos moderaron o seu ascenso en abril ata o 1,1 % respecto a doce meses antes, dúas décimas menos que o dato interanual de marzo, segundo o dato confirmado este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

No conxunto de España os prezos subiron un 2,2 % en abril e os dos alimentos encareceron un 2 %.

Os prezos aumentaron máis en Galicia en abril no grupo cafés, hoteis e restaurantes, un 4,6 % interanual, seguidos polos da vivenda, que creceron un 3,9 %, principalmente polo gas e a electricidade.

Tamén subiron grupos como as bebidas alcohólicas e o tabaco, un 2,4 % interanual; o lecer e a cultura, un 2,3 %; a educación, un 2,6 %; as medicinas, un 2,2 %, e o vestido e o calzado, un 2,1 % máis respecto a abril de 2024.

Por contra, baixaron os prezos do transporte, un 1,8 % respecto a abril do ano pasado, debido á caída do prezo dos carburantes.

Respecto ao mes de marzo, os prezos aumentaron en Galicia un 1,1 %, fronte ao 0,6 % do conxunto do país.

No que vai de ano, de xaneiro a abril, a inflación subiu un 0,8 % en Galicia, mentres que no conxunto de España se situou no primeiro cuadrimestre do ano nun 1,3 %.

O grupo principal do aumento de abril en Galicia respecto a marzo foron as comunicacións, cuxo custo se incrementou un 3,8 % respecto ao mes anterior; seguido polo das bebidas alcohólicas e o tabaco e polo grupo hoteis, cafés e restaurantes, cuxos prezos creceron en ambos os casos un 2,5 % en abril en termos intermensuais.

Baixou, pola contra, en Galicia o prezo do vestido e do calzado un 2,9 % en abril respecto a marzo e tamén caeu o mes pasado unha décima o prezo do lecer e a cultura.

No que vai de ano, de xaneiro a abril, a inflación subiu un 0,8 % en Galicia, mentres que no conxunto de España se situou no primeiro cuadrimestre do ano nun 1,3 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade