Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve á rúa o kamikaze acusado de roubar unha ducia de coches en Pontevedra

Volve á rúa o kamikaze acusado de roubar unha ducia de coches en Pontevedra

Quedou en liberdade, despois de dous roubos con forza en comercios de Pontevedra e un terceiro no que agrediu a Policía

Actúa en toda a provincia de Pontevedra, aproveitando o despiste dos condutores cando baixan do coche

G24.gal 27/11/2025 14:26

Agora deulle polas furgonetas de repartimento.

"As que reparten en supermercados e comercios poden deixalas abertas porque andan máis rápido. Nós, os de reparacións, temos máis marxe e procuramos pechala".

"Somos máis vulnerables porque levamos paquetes e mercadoría e somos vulnerables porque sempre hai algún descoidado, que como vai cerquiña".

Rouba coa mesma pericia coa que conduce. Esta persecución da Policía Local de Poio valeulle o alcume do Kamikaze do C-3, pero a estas alturas o modelo tanto lle ten.

"Nós queremos facer un chamamento á cidadanía para que estean atentos a este tipo de cousas, de ter coidado, non baixar do coche e deixar as chaves", advirte Pablo Cuñarro, do sindicato Jupol en Pontevedra.

Foi facendo currículo por toda a provincia de Pontevedra, e mesmo en Portugal, onde supostamente vende os coches que rouba, pero os últimos furtos foron no centro da cidade.

"Normalmente vai ao descoido. Cando a xente baixa do coche, el aproveita o descoido para meterse no coche e marchar con el", explica Cuñarro.

"A persoa entrou na farmacia a comprar un medicamento e cando saíu xa non tiña o coche. Levoulles corenta segundos", confirmaban en Poio hai unhas semanas, despois de presenciar un roubo diante mesmo da súa farmacia. 

Os repartidores son un branco fácil. Máis nesta época, que andan á carreira. 

"Son os máis vulnerables porque son reparticións breves e normalmente é cando esta persoa aproveita", recoñece o voceiro en Pontevedra de Jupol.

"Non é meu caso. Eu péchoa aínda que vaia tardar dous minutos. Niso non teño problema".

"Ten que ser moi raro que a deixe aberta aínda que sexa para baixar da beiravía porque é cuestión de minutos. Tenme pasado de saír e ver a alguén tirando da porta".

A advertencia esténdese tamén a negocios, porque precisa carto fácil para droga, e os últimos traballos foron precisamente en comercios do centro.

Dous roubos con forza e un terceiro con violencia, porque se enfrontou aos axentes que o detiveron. Tráeos de cabeza, pero, aínda así, o xulgado volveu deixalo na rúa. Dan por feito que á espera da próxima fazaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade