Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inundación na contorna da lagoa de Baldaio

Inundación na contorna da lagoa de Baldaio

Os veciños temen quedar incomunicados e piden que se abra o paso entre a lagoa e o mar para evitar que a situación empeore en canto comece a chover

G24.gal 27/11/2025 14:40

Cada vez que Juan quere saír da casa, ten que calzar as botas de auga se non quere mollar os pés. O único acceso que ten á súa vivenda está completamente inundado.

"Xa teño aí unha canoa, porque xa ves". "Está todo inundado, e máis para alá, peor, porque non pasas".

Son as consecuencias dun problema que, este ano, polo que contan, comezou hai quince días, pero que non é nada novo.

 "O problema é que a conexión entre a lagoa e o mar está taponada con area". "É a terceira ou cuarta vez que pasa".

Unha situación que non só afecta aos veciños. Tamén aos mariscadores. "Os mariscadores teñen todo o marisco morto. Non poden traballar".

Quéixanse tamén da abundancia de mosquitos. "A ver se non se converte nunha praga, porque é esaxerado".

A solución, téñena clara. "Teñen que vir abrir debaixo da ponte". Porque temen, cando chegue un temporal, quedaren incomunicados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade