Volve a chuvia e baixan as temperaturas en toda Galicia
Volve a chuvia e baixan as temperaturas en toda Galicia
Este mes de setembro comezou con tempo inestable en gran parte da comunidade
En menos de vinte e catro horas a praia viguesa de Samil pasou de estar chea de xente gozando do bo tempo e as das altas temperaturas a estar baleira e tomada polas gaivotas. Houbo que abrigarse en toda Galicia. Marchou o sol, amenceu con chuvia e nalgúns lugares como Lugo as temperaturas caeron ata dez graos e en poucas subiron dos vinte.
Hai que adaptarse, non queda outra. Porén todos agardan que o verán se alongue un pouquiño máis para seguir gozando da praia e tamén polos beneficios que esta época do ano xera para moito negocios.
Nos próximos días a chuvia non volverá, pero si o sol, de xeito especial no sur de Galicia. Porén, aínda que mellora o estado do ceo, as temperaturas no serán moi altas.