Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volutarios plantan árbores autóctonas en Sober para reforestar tras os lumes do verán

Volutarios plantan árbores autóctonas en Sober para reforestar tras os lumes do verán

Primeiros pasos para a difícil recuperación dun bosque no que arderon todas as sementes
 

G24.gal 20/12/2025 14:39

Varias ducias de voluntarios xuntáronse esta mañá en Sober para intentar recuperar parte dos bosque que ardeu este verán nos lumes que arrasaron Galicia.

No concello de Sober queimáronse 1.800 hectáreas, e coa acción de hoxe os voluntarios plantaron entre dúas e tres hectáreas. Pradairos, sobreiras, carballos, castiñeiros e loureiros fon algunhas das árboles coas que se intentou reforestar o terreo. Asimesmo, tamén se botaron cereais nas zonas de pendente para que prenderan e termaran así da terra, evitando que marche coas escorrentías da auga cando chove moito.

Esta acción estivo capitaneada pola enxeñeira forestal Marena Rodríguez, e por José Vicente Barcia, do Proxecto Gardabosques da Cooperativa Ecoo. Segundo Marena "estas accións teñen repercusión, e nuns anos verase como medraron as árbores que se plantan, aínda que non sexa na súa totalidade, que medre unha porcentaxe xa é moi importante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade