Publicador de contidos

Viveiro marca a máxima de Galicia ao alcanzar os 28 graos de temperatura

Viveiro marca a máxima de Galicia ao alcanzar os 28 graos de temperatura

A xornada de calor animou a gozar da praia, xusto ao día seguinte de que entrara o outono

O vento do sur propiciou que os termómetros marcaran temperaturas nada frecuentes nesta zona

G24.gal 24/09/2023 20:41 Última actualización 24/09/2023 21:36

Acabado de estrear o outono, as temperaturas parece que non queren dar por rematado o verán. Vímolo na Mariña, onde este domingo os termómetros marcaron os seus mellores rexistros.

O valor máis elevado de toda Galicia deuse no concello de Viveiro, onde alcanzaron os 28 graos de temperatura.

Débese fundamentalmente a que soprou vento do sur, que axudou a que se coara aire cálido subtropical, unha razón máis para gozar desta zona e das súas praias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos

Publicador de contidos