Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viveiro atrae a milleiros de persoas á romaría do Naseiro

Viveiro atrae a milleiros de persoas á romaría do Naseiro

Tamén coñecida como romaxe do bo xantar, prolóngase cinco días e os festeiros viven durante eses días en casetas feitas por eles mesmos para gozar da troula

Coñecida como romaxe do bo xantar
G24.gal 25/08/2025 21:04 Última actualización 25/08/2025 21:22

Coámonos nalgunha das casetas nas que os festeiros pasan os cinco días que dura o Naseiro. Destacan os integrantes desta familia que o principal atractivo é "xuntarse coa xente que hai tempo que non ves".

Comezaron montar xa o luns, aínda que unha das integrantes lembra que antes só se poñía unha mesa, mentres que agora "temos neveira, sofás, de todo".

A cita reúne todos os anos a milleiros de persoas. Comenta un romeiro que este ano hai "o dobre de xente" que o anterior. 

Coñécese tamén como a romaxe do bo xantar. Apuntan que o luns é o día dedicado ao polbo, "o sábado fixemos paella; o domingo, churrasco e hoxe, caldo".

Declarada de interese turístico galego, a romaxe vén do século pasado cando se xuntaban ao rematar as tarefas do campo para despedir o verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade